O Modelo Ontolóxico de Galiciana Semántica

O deseño do modelo ontolóxico de Galiciana Semántica baséase na procura da mellor experiencia de usuario posible para os visitantes dixitais. Perséguese construír un grafo de coñecemento unificado, interrogable, expresivo e extensible que integre todo o coñecemento da institución. Para iso, optouse por un modelo ontolóxico que priorice a expresividade e a integración cos sistemas orixinais de escritura. 

Bases do modelo ontolóxico

  • Expresividade: Búscase un modelo que vaia máis aló de estándares básicos como Dublin Core, e que permita representar as relacións entre entidades de forma completa e significativa.
  • Estándares: Empregaranse estándares ontolóxicos e de representación da información no ámbito da cultura e o patrimonio, incluíndo:  
    • FRBRer (Functional Requirements for Bibliographic Récords): Modelo conceptual para rexistros bibliográficos.
    • RDA (Resource Description and Access): Modelo conceptual que complementa a información de rexistros bibliográficos.
    • CIDOC-CRM (CIDOC Conceptual Reference Model): Modelo de referencia para a documentación do patrimonio cultural.
    • Dublin Core: Estándar para a descrición de recursos.
    • Schema.org: Esquema para datos estruturados na internet.
    • vCard: para a descrición de termos de localización
    • Galiciana semántica utiliza un espazo de nomes propio (gal) para termos específicos do proxecto. 

Este sitio web utiliza cookies

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de navegación, personalizar contidos e analizar o tráfico do sitio. Podes aceptar todas as cookies, rexeitalas ou configurar as túas preferencias.